Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas

11 nov 2015

Samaín e Magosto

Coma todos os anos, ao comenzo do mes de novembro celebramos o noso Magosto na escola. Para empezar fomos ver como se asaban as castañas, con moito coidado de non tocar nas grellas, que queimaban demasiado.

Logo do recreo chegou o momento de probalas; estaban boísimas, e hai quen comeu a fartar.





E como xa é costume, despois de comer as castañas tivo lugar a entrega de premios do concurso de cabazas. Na nosa clase este ano resultaron gañadoras as presentadas por Paula e por Nerea. Noraboa ás dúas. 





Para rematar un día tan festeiro, nada mellor que un pouco de baile ao son do "Chipi, chipi, chipi". Todos á pista! 
A bailar!!!






E por suposto, unha vez máis agradecemos a vosa colaboración e participación. 




7 nov 2014

Magosto 2014


Chegou o día do Magosto!!!. Moi contentos coas nosas caixiñas para as castañas, baixamos á pista dos maiores, comimos as castañas asadas, asistimos á entrega de premios do concurso de cabazas, e bailamos un pouquiño ao son da canción  "Viva o Magosto". 


A profe dí que nos portamos réquete-réquete ben!


Este ano, o premio para a mellor cabaza da nosa clase foi para o "gato negro" de Anxo. 



Noraboa polo teu premio, Anxo!!! A túa cabaza era moi bonita! 


30 oct 2013

Magosto


Por fin chegou o Magosto! Levabamos unha semana contando os días que faltaban para a festa das castañas, e hoxe estabamos impacientes e expectantes. Foi un día diferente, e pasámolo ben: probamos as castañas, vimos demasiados nenos e nenas xuntos, saudamos aos irmáns e irmás maiores, e demos un forte aplauso a María, que recibiu o premio á mellor cabaza da nosa clase. Mirade que cara terrorífica nos ofreceu, igualiña á da súa cabaza, que podedes ver detrás dela.


Noraboa, María!

Temos que dicir que a elección dos premiados foi difícil xa que todas as cabazas participantes merecían o premio, pero había que escoller unha. Grazas a todos por participar, os nenos/as pasáronno moi ben!