Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas

11 nov 2015

Samaín e Magosto

Coma todos os anos, ao comenzo do mes de novembro celebramos o noso Magosto na escola. Para empezar fomos ver como se asaban as castañas, con moito coidado de non tocar nas grellas, que queimaban demasiado.

Logo do recreo chegou o momento de probalas; estaban boísimas, e hai quen comeu a fartar.





E como xa é costume, despois de comer as castañas tivo lugar a entrega de premios do concurso de cabazas. Na nosa clase este ano resultaron gañadoras as presentadas por Paula e por Nerea. Noraboa ás dúas. 





Para rematar un día tan festeiro, nada mellor que un pouco de baile ao son do "Chipi, chipi, chipi". Todos á pista! 
A bailar!!!






E por suposto, unha vez máis agradecemos a vosa colaboración e participación. 




29 oct 2015

Contos polo Samaín


Esta foi a semana dos contos de medo, de bestas feroces e de bruxas. Para empezar, lembramos "corre corre, cabaciña!" que nos gusta moito; ao día seguinte a profe Laura convertíuse nunha bruxa que nos ensinou os alimentos que se gardan en "la cocina de la bruja" para cando chegan visitas; e hoxe houbo sesión de cine na biblioteca, onde vimos o terrorífico conto da "bruxa regañadentes". Cando rematou todos coincidiron en dicir que non daba tanto medo, pero o certo é que durante a proxección ninguén perdía detalle do que acontecía na pantalla.



Deixámosvos deseguido os contos para que os poidades desfrutar de novo cantas veces queirades.

31 oct 2014

Samaín ll


Rematamos a semana do Samaín, e coma sempre, despedímola cunhas imaxes das nosas cabazas. Agradecemos moitísimo a vosa participación, sen a cal esta celebración perdería moito encanto. 





O xurado do concurso de cabazas non o tivo nada fácil; saberemos das súas decisións o vindeiro venres, día no que celebraremos o Magosto. Ata entón, haberá que esperar para coñecer aos afortunados  gañadores. Pode ser calquera, xa que todas as cabazas merecerían ser as premiadas. Sorte a todos!!!




27 oct 2014

Samaín

Comenza a semana do Samaín!

Recibimos xa as primeiras cabazas, e os pasillos do cole enchéronse de todo tipo de personaxes, algúns de medo, ainda que non todos. Mañán completaremos a exposición. É moi divertido ir na fila atravesando o corredor do terror, pasando entre pantasmas, vampiros, bruxas e esqueletos. Hainos por todas partes...
 E para non ser menos, nós tamén nos transformamos en pequenos morcegos, e voamos así de ben nas noites de lúa nova.


29 oct 2013

Samaín

Estamos a desfrutar do noso primeiro Samaín no cole de maiores. Para empezar, onte trouxemos cabazas decoradas. Son todas ben bonitas, e se non mirádeas vós mesmos, a ver que vos parece.







Hoxe tocou un paseo polos corredores da escola. Cabazas, portas monstrosas, esqueletes,  pantasmas e morcegos, teas de araña..., atopamos de todo,  e para rematar, houbo que adentrarse na biblio,  atravesando para elo a  porta terrorífica!!!. Hai quen tivo que pasar subido no colo das profes, pero todos conseguimos cruzar.
Buscádeo na pestana de "Contos"




 Do outro lado agardábanos un divertido conto que Bulebule (a nosa mascota da biblio) tiña reservado para nós. Gustounos moito, e marchamos da biblio mortos de risa  pasando novamente pola porta, agora menos terrorífica que antes.