Levamos xa dous meses de clases, e estamos afeitos ás rutinas de todos os días. Logo do "tempo de lectura" chega o momento da asamblea, na que actualizamos os calendarios e falamos de todas aquelas cousas que van xurdindo cada día, relacionadas co cole ou con outras vivencias que queremos compartir cos compañeiros e compañeiras. Polo de agora é un tempo de "monólogos", no que cada quen conta o que quere sen ter relación co que din os demáis (eso sí, hai que respectar os turnos e escoitar), pero aos poucos haberá de convertirse nun momento de diálogo e intercambio de opinóns/impresións acerca dos temas que xurdan.
Queredes saber como organizamos a nosa asamblea?
O primeiro é ver a quen lle toca ser encargado/a, e para iso seguimos a orde da lista que Mimos nos deixou.
O encargado/a ten que coller a "caixa do encargado", na que están os rótulos que empregamos para os nosos calendarios.
Empezamos polo tempo ...
Logo toca o día; todos xuntos dicimos os días da semana, e de seguido o encargado/a ten que averiguar cal é o que toca hoxe e colocar o carteliño correspondente. A continuación contamos os días ata chegar ao que toque, e así saber qué número de mes corresponde. Se non sabemos contar tanto axúdannos os compañeiros ou as profes.
Tócalle á mestra marcar no outro calendario o día no que estamos, tachamos o que xa pasou e vemos cantos días faltan para o evento máis próximo (un cumple, un contacontos, unha celebración, ...)
Agora é o turno de cambiar as fotos dos compañeiros; os que non viñeron para unha casiña, e os que estamos para as ventás do cole. O encargado/a pode poñerse na porta, xa que vai ir de primeiro nas filas.
E para rematar, algún xogo có encargado como protagonista; desta volta ten que montar o seu nome coas letras móviles.
Antes de pasar a falar doutras cousas, dámoslle un grande aplauso ao encargado/a, porque sempre o fai moi ben.
Ata outra!