Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

18 dic 2015

Chega o Nadal


Como dicía algunha nena hoxe na clase "por fin chegou este día!". E é que o día foi moi especial. A media mañá fomos visitar aos RRMM, que pasaron a xornada no noso cole; démoslles os nosos debuxos e a cambio recibimos unha presa de caramelos e moita, moita ilusión. Ademáis, houbo sorpresa ás escuras, festa de Nadal e moito tempo de xogo. Aínda así, marchamos tan nerviosos como entramos, pensando en que se achegan días de festa, regalos e sorpresas.

Para todos vós, os nosos mellores desexos para o Nadal


19 dic 2014

Felices Festas!



Traballo elaborado por Nerea

17 dic 2014

Pandereitada


Hoxe recibimos unha clase maxistral de pandeireta a cargo de Xaquim, que sabe tocar moi ben tanto a pandeireta como as cunchas. O primeiro que aprendimos foi a coller ben o instrumento (todos o facíamos mal), e logo probamos a tocar como Xaquim nos indicaba, alternando o puño, o pulgar e o resto dos dedos, e intentando levar ben o ritmo.


Non é doado, e aínda non conseguimos facelo moi a xeito, pero xa sabemos cal é o truco... como moi ben dí Xaquim: "Hai que practicar".

 El faino fenomenal!!!

11 dic 2014

Chega o Nadal...


... e Álvaro e a súa familia deséxannos unhas Felices Festas a todos, e elaboraron para nós este Belén tan bonito que vedes na foto. 


Gustounos moitísimo, e xa lle atopamos sitio na aula para poder velo todos os días; eso sí, non se pode tocar, que está feito con ovos e é moi fráxil. Seremos moi coidadosos con él, ou a lo menos intentarémolo ;)

20 dic 2013

Viñeron os RRMM!

Estes días están a resultar moi emocionantes na escola! Onte tivo lugar, na biblio, a entrega de premios do concurso de postais de Nadal. Ana e Gabi C. foron os encargados de recoller os premios que corresponderon á nosa clase: un bonito puzzle como premio colectivo por participar no concurso de postais, e un libro como premio por participar no calendario escolar.









Hoxe foron moitas as novidades; para empezar, recibimos a visita dos nenos/as da clase da profe Belén, de 3 anos, que viñeron cantarnos unha panxoliña, 



e ao pouco, 



os nenos/as da clase da profe Bea, de cinco anos, regaláronnos outra cantiga de Nadal; as dúas gustáronnos moitísimo, polo que o aplauso foi ben forte.



Logo chegou o tan esperado momento de ir ver aos RRMM!!!
Levámoslles un debuxo, e eles regaláronnos bicos e caramelos.




E por último, despois do recreo, merendola de Nadal! con galletas e biscoitos, turróns, mazapáns, polvoróns, e un montón de cousas ricas; tantas que non fomos quen de rematar con todo, e deixamos algunhas cousas para comer, aos poucos, á volta das vacacións.


Ata entón ...


Felices Festas e Bo Nadal a todos/as!


18 dic 2013

Chega o Nadal!

Queda pouco xa para as festas do Nadal, e Álvaro e Gabi quixeron felicitarnos por estas datas con estes agasallos tan bonitos.


Moitísimas grazas, gústannos moito. Témolos expostos na mesa adicada aos proxectos, e todos os días rondámolos para velos de novo e tocalos con moito coidado para non estropealos.