Hoxe celebramos o día da árbore. Son moitas as variedades de árbores que temos no cole, pero non sabemos moi ben a que especie pertence cada unha, así que entre todo o alumnado colaboramos para poñerlles o nome a algunhas delas. Aos nenos/as de catro anos tocounos a moreira; temos dúas onda a baixada ao patio de Infantil, así que logo do recreo xuntámonos todos ao seu carón, e foron os encargados do día das dúas aulas os responsables de cravar o cartel debaixo das mesmas.
De seguido marchamos todos xuntos a dar unha volta polo recinto escolar en busca doutras árbores. Gracias aos rótulos colocados polo resto dos compañeiros puidemos descobrir o teixo, o tulipanero, o salgueiro, a robinia, o carballo, a figueira e o piñeiro; ah!, e a mimosa!, pero a esta coñecémola ben porque a vemos dende a ventana da nosa clase todos os días.
