Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas

22 abr 2016

Semana do libro

O 23 de abril conmemórase o día do libro.No cole foron varias as actividades realizadas con motivo desta data. 

O mércores tivemos sesión de contacontos; Iago veu contarnos unha historia moi divertida que fala dun lobito bó e do seu tío, que lle quere aprender a ser un Lobo Feroz. Gustounos moitísimo!



O xoves recibimos un premio pola nosa participación no concurso literario que todos os anos convoca o Equipo de Normalización e Dinamización Linguística do centro. Este ano puxemos imaxe e son a un poema de Manuel María  titulado "A pita choca". Repartimos o traballo entre todas as aulas de Infantil e iste foi o resultado. Damos as grazas á profe Loida pola realización da montaxe. Seguro que vos gusta.



O venres, e para rematar a semana, foi o día do cruzamento de libros. Agradecemos a vosa participación, e agardamos que vos guste a actividade para continuar con ela durante os próximos cursos. 



29 oct 2015

Contos polo Samaín


Esta foi a semana dos contos de medo, de bestas feroces e de bruxas. Para empezar, lembramos "corre corre, cabaciña!" que nos gusta moito; ao día seguinte a profe Laura convertíuse nunha bruxa que nos ensinou os alimentos que se gardan en "la cocina de la bruja" para cando chegan visitas; e hoxe houbo sesión de cine na biblioteca, onde vimos o terrorífico conto da "bruxa regañadentes". Cando rematou todos coincidiron en dicir que non daba tanto medo, pero o certo é que durante a proxección ninguén perdía detalle do que acontecía na pantalla.



Deixámosvos deseguido os contos para que os poidades desfrutar de novo cantas veces queirades.

9 oct 2015

Prensa, prensa!



Pois sí! A partires de agora todos os venres convertirémonos en reporteiros e reporteiras de prensa, e adicarémonos a comentar e traballar sobre algunha das noticias do día.

Ao comenzar as clases a profe Laura terá xa unha noticia seleccionada e preparada para todos nós. O que faremos será falar acerca dela, e, de paso, familiarizarnos con algúns conceptos relacionados co mundo da prensa. Titulares, pés de foto, tipos de noticias, ... pouco a pouco, de venres en venres, iremos comentando a actualidade e, como non!,  practicando a escritura. 

A noticia de hoxe falaba acerca dun niño de avespas asiáticas; preguntade aos vosos fillos, a ver que vos contan. A tarefa de hoxe consistía en pensar e escribir un titular adecuado. Fixéronno todos fenomenal!!!

6 oct 2015

Cartas que veñen e van


Hoxe tivo lugar o primeiro reparto de correspondencia do curso. Houbo que esperar a que todos tiveran carta, e por fin abrimos o buzón.
Para ser a primeira remesa non estivo mal, tendo en conta que se trata dunha actividade totalmente libre; xa temos claro que hai que escribir para quen é a carta, e tamén firmala por dentro, para que o seu destinatario saiba quen llela envía. Desta vez algúns foron debuxos máis que cartas, así que para a próxima haberá tamén que escribir algunha mensaxe. O cartel para o control de envíos volve estar preparado, e como lles gustou a idea, pronto teremos o buzón novamente cheo de bonitas mensaxes aos amigos.


30 sept 2015

Mochila Viaxeira


Hoxe inicia a súa andadura polas vosas casas a Mochila Viaxeira! 
A dinámica será a mesma ca no curso pasado: a mochila sairá da escola os mércores, e durante unha semana disporedes dela na casa. 
Agardamos que desfrutedes das propostas que vos envía bulebule, a nosa mascota da biblioteca, e agradecemos a voa colaboración nesta actividade que tanta ilusión lles fai aos vosos fillos/as.


18 jun 2015

Rematando o curso


Mañán remataremos este curso, e antes de despedirnos queremos compartir con todos vós algunhas das actividades nas que participamos nestes últimos días.

Finalizando o mes de Maio recibimos dúas visitas moi especiais: 

Por un lado, os nosos compañeiros os nenos e nenas  da clase da profe Loida, viñeron un día ata a nosa aula para contarnos un divertido conto que falaba de dez galiñas e os seus ovos de cores; fixéronno moi ben; gustounos moito e adicámoslles un forte aplauso a todos eles.



Por outra banda, recibimos tamén a visita de Jackie, o "can pirata". As súas coidadoras contáronnos a súa historia, e con ela recordamos o importante que é coidar e tratar ben aos animais.



En canto á nosa visita ao Museo de Belas Artes, ésta foi moi interesante. José falounos sobre os cadros, as súas temáticas, os seus tamaños, os útiles do pintor e do escultor... Contounos unha divertida historia na que se mesturaban diversas obras do museo, e antes de marchar fomos coñecer ao xigante do conto, do que nos despedimos antes de volver cara o bus.


Por último, hoxe mesmo tivo lugar no cole a entrega dos premios do concurso literario.


Coa merendola de mañán daremos por rematado este curso; agardamos que os vosos nenos/as desfrutaran con todas as actividades realizadas, e esperamos continuar con novas e interesantes propostas para o vindeiro curso escolar.



28 abr 2015

Hai correo!




Hoxe non faltou ninguén, así que por fin!!! estabamos todos e
por fin!!! puidemos abrir o buzón de correos e realizar o reparto.

Con moitos nervios fomos recibindo os envíos dos nosos amigos; todos recibimos carta, e todas elas  estaban cheas de bonitas mensaxes de cariño e amizade. 



Con moita ilusión gardamos os nosos "tesouros", e quedamos con ganas de repetir a experiencia, así que seguro que pronto teremos o buzón novamente cheo e haberá novas cartas para repartir.






23 abr 2015

23 de Abril...


...día do libro!!!

E un ano máis celebrámolo participando no "cruzamento de libros", actividade que xa levamos varios días esperando.



Por cada libro ofrecido para intercambiar recibimos un vale que hoxe puidemos entregar a cambio daquel libro que máis nos chamou a atención de entre todos os expostos.

Agradecemos a colaboración de todas as familias participantes, e esperamos que desfrutedes coas novas lecturas.


17 abr 2015

Cartas, cartas, cartas...




"Montado en su bicicleta,
un cartero jovial
llegó un buen día de lejos,
con sonrisa triunfal
y una carta para..."


Así comeza esta divertida historia; o carteiro fai as súas entregas aos habitantes do bosque, e sobre a sobre descobrimos cartas, publicidade, postais, comunicacións oficiais e tarxectas de cumpreanos.






Nós tamén queremos escribir cartas; temos un buzón de correos na clase, así que hoxe adicámonos a escribirlle unhas letras aos nosos compañeiros/as. Non é doado, e algúns necesitan axuda da profe, pero cun pequeno esforzo as cartas van enchendo o buzón. En canto estean todas abrirémolo,  e comezará o reparto.


24 feb 2015

24 de Febreiro, día de Rosalía


Como homenaxe á nosa autora, os nenos e nenas de 1º C achegáronse hoxe á nosa clase e nos recitaron un precioso poema de Rosalía: "adios ríos, adios fontes". Fixéronno tan, tan ben que nos encantou a todos. Logo dos aplausos regalámoslle un caravel a cada un deles, en recordo deste día e desta actividade tan especial.



E con motivo desta conmemoración aproveitamos para falar un pouquiño acerca desta autora; vimos este pequeno resumo da súa vida,





 e escoitamos estoutro vídeo que podedes atopar en LuscoFusco, o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso cole.



28 ene 2015

Contacontos


Hoxe veu visitarnos Iago, o Contacontos, e tróuxonos unha divertida historia que fala dunha nena moi medorenta que se propón ser cada día un pouco máis valente. 



Gustounos moito a túa historia, Iago. Ata outra!

18 nov 2014

A Dragona Ramona!



Hoxe houbo sorpresa!!!

Veu visitarnos a Dragona Ramona, e contounos unha divertida historia que falaba de piratas e de monstros, baseada no libro "Aquí hay monstruos".

A Dragona Ramona tiña unha difícil pregunta que nos facer: "Qué é un misterio???"

A resposta déunola Alejandra: "Resolver algo importante."   Vaia aplauso que lle demos!



Ata outra, Dragona Ramona!  Volve cando queiras!

29 oct 2014

A mochila viaxeira


Como xa vos adiantamos nun comunicado, a mochila viaxeira comenzou a viaxar polas casas hai unha semana. Imos seguir a orde da lista á inversa, así que o primeiro en levala foi Álvaro, que hoxe pasoulle o testigo a Alejandra. Agardamos que vos guste esta proposta, e que desfrutedes dela xunto cós vosos fillos/as. Eles reciben a mochila con moita ilusión.


Na familia de Álvaro animáronse a facer unha das manualidades propostas.. e mirade que ben lles quedou!

Tan pronto como nola ensinou xurdíu un aplauso espontáneo de entre os compañeros, de tanto que lles gustou.




21 oct 2014

Elmer



Hoxe coñecimos a Elmer, un simpático elefante de cores que, a pesar do seu bo humor, un día cansou de ser diferente e decidíu ser coma todos os demais. 


Falaremos del máis veces ao longo deste curso, xa que nos vai acompañar en moitas das celebracións que nos agardan.

Deixámosvos a súa historia. Lembrade que a partir de agora poderedes atopala no noso apartado de "Contos". Deixámosvos tamén o debuxo que Gabi L. fixo do noso novo amigo.









Elmer coas súas cores, un arbusto e unha mantiña amarela para taparse.

10 jun 2014

Premios ENDL

Hoxe tivo lugar, na biblio , a entrega de premios do concurso literario "Letras Galegas" que todos os anos convoca o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. Coma en anos anteriores, as aulas de infantil recibimos un premio colectivo pola nosa participación. Entre as dúas clases de tres anos presentamos o mural realizado con motivo da Semana das Letras Galegas, do que xa falamos nunha entrada anterior. En representación das nosas aulas foron Sara e África, que recolleron o premio para logo ensinarllo a todos os seus compañeiros. Queredes saber qué gañamos...? Pois, un conto moi interesante, un par de caixiñas de lápices de cores para a clase  e un gran paquete de caramelos!!!


9 may 2014

Concurso de marcapáxinas

Bulebule, a nosa mascota da biblio, convocou un ano máis o seu concurso anual de marcapáxinas, no que todos nós participamos. De entre todos os marcapáxinas realizados resultan seleccionados un por aula, e desta vez o de Claudia foi o finalista da nosa clase. A profe Sabela deunos a gran noticia, e entregou o premio que Bulebule lle envía aos finalistas... qué será???

Noraboa Claudia! Fixeches un traballo ben bonito!

8 may 2014

Contacontos especial ll

Hoxe recibimos outro contacontos moi especial. Desta volta foron Javier e Álvaro, o irmán de Gabi, os que viñeron contarnos un divertido conto e lernos unha bonita poesía. Aproveitando que lles tocaba ir ler a outra clase, achegáronse ata a nosa e adicáronlle as súas historias a Gabi e aos todos os seus compañeiros de clase.

Moitas grazas, chicos! encantounos a vosa visita!

23 abr 2014

23 de abril. Día do libro


Hoxe celebramos o noso primeiro día do libro na escola participando no intercambio de libros proposto por Bulebule. 




Foron moitos os exemplares prestados para esta actividade, así que había moito onde elexir. Cada un dos participantes achegouse á exposición con tantos vales coma libros trouxo para intercambiar, e escolleu libremente aqueles que máis lle gustaron. 



Grazas a todos pola vosa colaboración.



28 mar 2014

Un mundo na mochila

Esta semana recibimos unha postal que nos enviou Xan, un amigo de Bulebule ao que lle gusta moito viaxar e coñecer novas culturas. 




Xan escribiunos dende a China, país do que estamos a aprender moitas cousas ultimamente, e xunto coa postal enviounos unha foto de dúas nenas rusas para que as colocásemos no mapamundi da biblio. Alí, entre todos, estamos a completar un
"atlas dos amigos do mundo", con fotos de nenos e nenas de diferentes nacionalidades.

O máis difícil foi atopar onde está Rusia. Escribimos o seu nome coas letras de velcro e buscamos no atlas ata dar con ela. Resultou estar onde a China, a China abaixo do mapa, e Rusia arriba, e alí pegamos as fotos das nenas rusas.
Todo esto forma parte do proxecto de biblioteca para este curso, que baixo o nome "un mundo na mochila" pretende achegarnos a outras culturas. Nas clases de tres anos seguiremos traballando sobre a China. 

 Enlazamos a continuación un novo espazo dende o que Colorines quérevos ofrecer os vídeos que máis nos gustan na clase, por se os queredes ver de novo en casa xunto aos vosos fillos/as. Chámase "falando sobre..." e irémolo enchendo de contidos pouquiño a pouco. Esperamos que o desfrutedes.





25 mar 2014

Contacontos especial


Hoxe recibimos unha visita moi especial; Marta, a irmá de Gabi, achegouse á nosa clase para contarnos o conto que ela preparou dentro da actividade "así como cho conto", da que xa vos falamos na entrada anterior. A ela tocáballe ir a outra clase, pero aproveitou para vir tamén á nosa e adicarlle este conto tan divertido ao seu irmán. Moitas grazas, Marta! Fixéchelo fenomenal!