Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

21 oct 2015

Heroes Animados

 Afundación
Afundación

Foi unha exposición moi interesante a que fomos ver onte, e aprendimos moitas cousas nela. Laura e Natalia, as monitoras de Afundación, explicáronnos todo o que hai que facer para crear unha película de debuxos animados ou de bonecos con movemento, e son tantas cousas que agora entendemos porqué se tarda tanto tempo (ata tres anos) en crear unha.



Primeiro fomos no ascensor panorámico...
...logo participamos nun obradoiro de supernenos e supernenas...


...e por último desfrutamos da exposición.








18 jun 2015

Rematando o curso


Mañán remataremos este curso, e antes de despedirnos queremos compartir con todos vós algunhas das actividades nas que participamos nestes últimos días.

Finalizando o mes de Maio recibimos dúas visitas moi especiais: 

Por un lado, os nosos compañeiros os nenos e nenas  da clase da profe Loida, viñeron un día ata a nosa aula para contarnos un divertido conto que falaba de dez galiñas e os seus ovos de cores; fixéronno moi ben; gustounos moito e adicámoslles un forte aplauso a todos eles.



Por outra banda, recibimos tamén a visita de Jackie, o "can pirata". As súas coidadoras contáronnos a súa historia, e con ela recordamos o importante que é coidar e tratar ben aos animais.



En canto á nosa visita ao Museo de Belas Artes, ésta foi moi interesante. José falounos sobre os cadros, as súas temáticas, os seus tamaños, os útiles do pintor e do escultor... Contounos unha divertida historia na que se mesturaban diversas obras do museo, e antes de marchar fomos coñecer ao xigante do conto, do que nos despedimos antes de volver cara o bus.


Por último, hoxe mesmo tivo lugar no cole a entrega dos premios do concurso literario.


Coa merendola de mañán daremos por rematado este curso; agardamos que os vosos nenos/as desfrutaran con todas as actividades realizadas, e esperamos continuar con novas e interesantes propostas para o vindeiro curso escolar.



8 feb 2015

Maruja Mallo lV


"Máscaras con bolboretas"



Achégase o entroido e, continuando co noso proxecto sobre Maruja Mallo, este ano escollimos unha das súas máscaras para traballar con ela na clase. Observamos ben o orixinal, coloreamos, picamos... e mirade que bonitas nos quedaron!!!

14 ene 2015

Maruja Mallo III


Continuamos traballando coa obra de Maruja Mallo; desta vez escollimos un dos seus debuxos, ao que chamamos "ola". Coma o orixinal non ten cores, decidimos poñerllas nós, e para iso inspirámonos noutro dos óleos desta pintora: o chamado "Protoesquema". Seleccionamos as cores empregadas neste último, e enchemos de cor as distintas pezas do puzzle, que logo montamos sobre cartolina amarela. Na foto podedes ver o resultado. 


Na próxima sesión cadaquén poderá crear a súa propia versión do debuxo, empregando para elo as cores seleccionadas.



6 dic 2014

Maruja Mallo ll



Amosámovos os primeiros resultados do noso achegamento á obra de Maruja Mallo. No centro o seu gravado "el salto"; ao redor algunhas das nosas interpretacións. 


2 dic 2014

Maruja Mallo



Coma todos os anos, Bulebule, a nosa mascota da biblio, ten unha interesante proposta  para todos nós. Este curso invítanos a coñecer o traballo daquelas mulleres que se adicaron á pintura, e baixo o título "Mulleres pintoras" nos anima a achegarnos á obra dalgunha delas.
Hoxe, pois, comenzamos a falar de Maruja Mallo. A súa obra nos acompañará ao longo de todo o curso, e serviranos de inspiración para a realización das nosas propias "obras de arte".

Confiamos en que vos gusten as nosas propostas. Para empezar, estamos preparando a nosa versión do cadro "el salto". Deixámosvos unha pequena recopilación de obras desta grande artista galega.




19 nov 2014

"O Gato con Botas"



"O Gato con Botas" Teatro Colón


- "Encantoume Pili!"
- "¡Me encantó!"
- "¿Cuándo podemos volver?"

Esto é o que escoitaba á saída do Teatro Colón, cando volvíamos cara o bus. 

A obra gustounos moito. Nela asistimos a un completo espectáculo audiovisual no que se unen música de cámara, teatro, danza e incluso ópera. 

Estivemos todo o tempo moi atentos ao que ocurría en escena, e portámonos fenomenal!




25 sept 2014

Pintamos con canicas!!!


Que había dentro da caixiña que tiña a profe???

Escoitamos, e soaba como se houbese moitas pedras; tocamos sen mirar e sentimos frío, bolas, cousas redondas...

Resultaron ser canicas xigantes de máxicas cores!!!

-"Que ben, imos xogar ás canicas!" dixeron algúns.
-"Non, non!"-dixo a profe; "imos pintar con elas"
- "E... pintan?" caras de sorpresa. "Necesitamos pintura???"  "Pili, estás de broma?!!"

Logo de explicar como se fai puxémonos mans á obra. Non é tan doado; hai que coordinar ben os movementos, conseguir que as canicas se movan por toda a superficie e evitar que caigan fóra. A experiencia encántalles e ofrécelles uns minutos de relaxación ao mesmo tempo que concentran toda a súa atención no movemento das canicas. O resultado... máxico.

Coma hoxe non tivemos tempo de probar todos, mañán remataremos cos que faltan. A que queda bonito?




13 may 2014

A voltas con Van Gogh


Logo de ver aquel vídeo con autorretratos de Van Gogh que vos amosamos nunha entrada anterior ocurríusenos que nós tamén poderíamos facer algo similar, e puxémonos mans á obra.
Primeiro fixemos unha foto co sombreiro de Van Gogh, e logo traballamos sobre ela imitando cos nosos materiais de aula o singular estilo propio deste pintor.

Coa axuda de Colorines creamos este vídeo, inspirado no anterior. A ver se vos gusta...



4 abr 2014

Van Gogh

Nas súas andanzas polo mundo, a nosa amiga a Mariquita Juanita pousou un día sobre un xirasol. 

A semana pasada adicamos unha sesión a coñecer esta flor tan bonita, e hoxe descubrimos a un pintor ao que tanto lle gustaban os xirasois que os pintou en varios dos seus cadros. 




Neste primeiro achegamento á figura de Van Gogh falamos acerca dos seus cadros de xirasois e dos seus autorretratos. 









Deixámosvos esta curiosa animación realizada con eles, a ver se vos gusta tanto coma a nós.