Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas

23 sept 2014

De novo o outono...


Hoxe comenza oficialmente o outono. Desta volta xa o estabamos agardando; aínda recordamos o que falamos acerca del o curso pasado.

Tocaba buscar as follas xigantes coas que decoramos esta época do ano, e aproveitamos a ocasión para falar acerca delas, lembrar como se alimentan as prantas e sentir coas nosas mans a nervadura  das follas.

Estaremos atentos aos cambios que se produzan no aspecto das árbores de folla caduca do noso patio.



26 nov 2013

Cores de Outono


Hoxe fomos recoller follas de outono polo patio da escola. A pasada semana demos un paseo para ver as nosas árbores e observar o así o outono, pero rompeu a chover e non puidemos levar follas secas para a clase, así que hoxe saímos de novo (polo patio dos maiores) e recollimos todas éstas.
 Hainas grandes e pequenas, amarelas, marróns e vermellas, e algunha que aínda está verde. O vento levábaas polo aire, e foi moi divertido. 

Unha vez na clase, observámolas e falamos delas, e tamén as ulimos, todas xuntas, dentro da caixa. E sabedes a que nos ulía?   Pois a zume, a azucre, a laranxas a fresas e, como non, a outono.

30 oct 2013

Magosto


Por fin chegou o Magosto! Levabamos unha semana contando os días que faltaban para a festa das castañas, e hoxe estabamos impacientes e expectantes. Foi un día diferente, e pasámolo ben: probamos as castañas, vimos demasiados nenos e nenas xuntos, saudamos aos irmáns e irmás maiores, e demos un forte aplauso a María, que recibiu o premio á mellor cabaza da nosa clase. Mirade que cara terrorífica nos ofreceu, igualiña á da súa cabaza, que podedes ver detrás dela.


Noraboa, María!

Temos que dicir que a elección dos premiados foi difícil xa que todas as cabazas participantes merecían o premio, pero había que escoller unha. Grazas a todos por participar, os nenos/as pasáronno moi ben!