Mostrando entradas con la etiqueta ideas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ideas. Mostrar todas las entradas

19 dic 2013

Pequenos artistas

Mirade qué manualidade máis bonita nos trouxo Ana. Na foto non se aprecia moi ben, pero a árbore está adornada con botóns, seguindo unha das ideas que nos propuxo Mimos. Decatámonos hoxe de que estaba na carpeta, así que aínda chegamos a tempo de vola ensinar.


É moi orixinal, grazas Ana!

18 dic 2013

Chega o Nadal!

Queda pouco xa para as festas do Nadal, e Álvaro e Gabi quixeron felicitarnos por estas datas con estes agasallos tan bonitos.


Moitísimas grazas, gústannos moito. Témolos expostos na mesa adicada aos proxectos, e todos os días rondámolos para velos de novo e tocalos con moito coidado para non estropealos.

28 oct 2013

Aumenta a familia ...

Pouco a pouco seguen chegando amigos de Mimos. Hoxe foi o turno de Lula, esta bonita luva que nos presentou Noa. Polo de agora é a máis pequena da familia, pero nunca se sabe...

Lula ten uns ollos preciosos, Noa!

23 oct 2013

Máis amigos para Mimos!

Pois esta semana foi Paula quen se animou a facer algún amiguiño máis para Mimos. Mirade qué caracol tan orixinal e qué luva tan bonita nos trouxo! 


Están chulísimos, Paula! Moitas grazas!

11 oct 2013

Mimos e os seus amigos

A pasada semana a nosa mascota Mimos vos propuso facer novas mascota-luvas para seren as súas amigas. A Elena gustoulle a idea, e o luns trouxo a estes simpáticos amiguiños (o avó e maila avoa), que quedaron con nós na clase para facernos compaña durante uns días. A que son orixinais?

Gústannos moito os teus avoíños, Elena!