Mostrando entradas con la etiqueta despedida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta despedida. Mostrar todas las entradas

17 jun 2016

Graduámonos!!!



Pois sí... logo de moitos preparativos, ensaios e nervos, por fin chegou o gran día!

Para nós foi un día especial; pasámolo moi ben, e esperamos que vós tamén desfrutarades desta xornada de celebración.

Pola miña parte, unha aperta enorme para todos: pais e nais, irmáns, tíos, padriños, avós e avoas... foi un pracer compartir con todos vós estes tres anos da vida dos vosos fillos e fillas. Agradezo a vosa colaboración e participación en todas e cada unha das actividades propostas, así como a confianza posta no equipo docente do que formo parte. 


En canto a este blog, quedará na web como un pequeno recordo das nosas vivencias no cole. Confío en que acadara o seu obxectivo, que sempre foi o de mantervos informados acerca do que andabamos a argallar na aula. 


Para "os meus nenos e nenas", un bico enorme. 
Seguirémonos vendo polo cole. 





20 jun 2014

Feliz verán a todos! 


Vémonos de novo en setembro, na mesma clase pero con novos proxectos e ilusións. 

Bicos e apertas para todos/as!