Mostrando entradas con la etiqueta rutinas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rutinas. Mostrar todas las entradas

11 nov 2014

Música Clásica





Unha actividade que nos gusta moito son as audicións de música clásica. Logo do saúdo é o turno do encargado/a, e despois, aproveitando que todavía non clareou moito o día, escoitamos (en silencio e coas luces apagadas) unha peza de música. É un tempo para aprender a escoitar e para desfrutar coa música. Cando é unha peza nova falamos un pouquiño acerca dela e do que quixo expresar o seu autor, e logo, ao escoitala, deixámonos levar pola música.







Unha pista... nos falta o Sr. Bach


Cáseque sempre o encargado/a ten o privilexio de poder escoller qué peza musical imos escoitar ese día. No noso taboleiro de persoeiros podedes atopar tres dos catro compositores dos que xa falamos ao longo deste curso. Lembrades quen son? Preguntade aos vosos fillos/as...





28 oct 2014

Bos días!


Cada mañá, antes de comenzar a nosa asamblea, adicamos un tempo a saudarnos todos individualmente. Por orden de lista a profe nomea a cada un de nós e cadaquén da os bos días na lingua na que máis lle apetece de entre todas as que coñecemos.

Como sabemos saudarnos de tantas formas diferentes temos moitas opcións entre as que escoller. Últimamente lévase o saúdo chinés, pero hai para todos os gustos:



¡Hola!         Bo día!
                                       


Bos días!                          Hello! 

  你好 (Nǐ hǎo)


Good morning!        Ola!        ¡Buenos días!


18 nov 2013

A asamblea

Levamos xa dous meses de clases, e estamos afeitos ás rutinas de todos os días. Logo do "tempo de lectura" chega o momento da asamblea, na que actualizamos os calendarios e falamos de todas aquelas cousas que van xurdindo cada día, relacionadas co cole ou con outras vivencias que queremos compartir cos compañeiros e compañeiras. Polo de agora é un tempo de "monólogos", no que cada quen conta o que quere sen ter relación co que din os demáis (eso sí, hai que respectar os turnos e escoitar), pero aos poucos haberá de convertirse nun momento de diálogo e intercambio de opinóns/impresións acerca dos temas que xurdan.

Queredes saber como organizamos a nosa asamblea?



O primeiro é ver a quen lle toca ser encargado/a, e para iso seguimos a orde da lista que Mimos nos deixou.



O encargado/a ten que coller a "caixa do encargado", na que están os rótulos que empregamos para os nosos calendarios. 



                            Empezamos polo tempo ...
                                                                   




Logo toca o día; todos xuntos dicimos os días da semana, e de seguido o encargado/a ten que averiguar cal é o que toca hoxe e colocar o carteliño correspondente. A continuación contamos os días ata chegar ao que toque, e así saber qué número de mes corresponde. Se non sabemos contar tanto axúdannos os compañeiros ou as profes.





 Tócalle á mestra marcar no outro calendario o día no que estamos, tachamos o que xa pasou e vemos cantos días faltan para o evento máis próximo (un cumple, un contacontos, unha celebración, ...)


Agora é o turno de cambiar as fotos dos compañeiros; os que non viñeron para unha casiña, e os que estamos para as ventás do cole. O encargado/a pode poñerse na porta, xa que vai ir de primeiro nas filas.



E para rematar, algún xogo có encargado como protagonista; desta volta ten que montar o seu nome coas letras móviles.




 Antes de pasar a falar doutras cousas, dámoslle un grande aplauso ao encargado/a, porque sempre o fai moi ben.


Ata outra!