Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

5 feb 2016

Entroido Olímpico


Este ano o noso Entroido tivo un marcado aire olímpico, e é que dende a biblioteca Bulebule lémbranos deseguido que o 2016 é ano olímpico. 

No pasarrúas déronse citas diversas modalidades deportivas, entre elas a natación, a cargo dos nenos e nenas das aulas de cinco anos. Foi un divertido final para unha semana de troula na que os peques reviviron a moda dos anos oitenta e convertíronse tamén nos protagonistas das súas pelis favoritas.

Xunto coa degustación de productos típicos do Entroido, e como xa ven sendo habitual por estas datas, tivo lugar a entrega de premios do concurso de carautas. Este ano o gañador da nosa clase foi Gabi L. que participou cunha enooorme carauta na que moito tivo que colorear.
Noraboa, Gabi!!!  e grazas ao resto dos concursantes pola vosa participación; fixestes uns traballos moi bonitos e orixinais.





E, por suposto, grazas  unha vez máis ás mamás que colaboraron no desfile; grazas pola vosa axuda e pola vosa paciencia.

13 feb 2015

Semana do Entroido





Ésta foi unha semana moi divertida; máscaras, pregóns, mandados do Meco... O mércores, antes da degustación de productos típicos do entroido, tivo lugar a entrega de premios do concurso de caroutas, e as gañadoras da nosa clase foron Claudia e Marina. Noraboa ás dúas; recibiron moitos aplausos e recolleron o premio así de contentas! 




Déixámosvos unhas imaxes que resumen todo o que deu de sí a semana. Grazas a todos pola vosa participación e colaboración nas propostas realizadas e, como non, grazas aos papás e mamás que nos acompañaron durante o desfile de hoxe. Portámonos todos moi ben e pasámolo fenomenal !!!.


Luns: con Maruja Mallo...




Martes: con gafas e perruca...




Mércores: con sombreiro...




Xoves: en pixama...




Venres: desfile!!!

Bicos para todos!!!


8 feb 2015

Maruja Mallo lV


"Máscaras con bolboretas"



Achégase o entroido e, continuando co noso proxecto sobre Maruja Mallo, este ano escollimos unha das súas máscaras para traballar con ela na clase. Observamos ben o orixinal, coloreamos, picamos... e mirade que bonitas nos quedaron!!!

7 mar 2014

A queima do Meco

Por fin queimamos ao Meco!

Hoxe fixo un día moi bonito, e na escola aproveitamos para pechar as festas do entroido como ben se merecen. Logo do recreo xuntámonos todos afora e vimos, abraiados, como Anxo lle prendía lume ao noso Meco e como as lapas acababan con el en segundos. Non sabiamos moi ben se aplaudir ou tapar a cara por se acaso, pero cáseque todos quedamos coa boca aberta ante o espectáculo do lume. Realmente foi un espectáculo sorprendente para os nosos peques!.


28 feb 2014

Semana do entroido lll



Por fin chegou o gran día! o día do desfile! Nervios, caramelos e risas, todo mesturado con algo de desconcerto ao ver tanto dálmata xunto. 



Houbo sorte e apenas nos mollamos; volvimos cansos da caminata e non puidemos queimar ao noso Meco por mor da chuvia, pero a sorte quixo acompañarnos de novo, e no sorteo foi agraciada co premio a familia do noso Dani, así que noraboa! e bo proveito!


E grazas a todos os que hoxe participastes con nós neste día tan divertido; en especial as dúas mamás que se ofreceron para acompañarnos durante toda a xornada. A vosa presenza foi de moita axuda. Novamente, grazas! 

27 feb 2014

Semana do entroido ll

Hoxe era o turno dos oficios, e istes son os que escollimos nós:
enfermeiras e doutoras, futbolistas, policías e cociñeiras...




E tamén pintores, bailarinas e "bailaoras", submarinistas e pescadoras, e empregados da construcción. 




Estades todos guapísimos!!!

26 feb 2014

Semana de entroido

Vaia día de troula que tivemos hoxe!


 Onte, os nenos e nenas maiores viñeron pola clase para lermos o pregón do entroido e a 1ª orde do noso Meco. Así que hoxe, moi animados, comezamos a xornada a ritmo de hip hop.








 



Logo fomos á biblioteca, onde nos agardaba un amigo de Bulebule que veu contarnos unha historia. Falaba sobre un home do saco que roubaba nenos e nenas, pero era un conto moi divertido.








De seguido xuntámonos no ximnasio, onde tivo lugar a entrega de premios do concurso de carautas e a degustación de productos do entroido. Todo isto foi posible grazas á vosa colaboración.



O premio para a nosa aula recibíuno Álvaro. Aquí o tendes co seu diploma.

Noraboa Álvaro! 


E para rematar, recibimos unha nova visita; outro grupo de nenas maiores que viñeron contarnos cal é a orde do Meco para mañán. 



Animádevos a participar... volveremos mañán!









21 feb 2014

Comeza o entroido!


A próxima semana celebraremos o entroido na escola, e xa nos estamos a preparar. Hoxe falamos un pouco acerca destas festas tan divertidas, e entregamos as máscaras que fixemos para o concurso escolar de carautas.
Son todas ben bonitas, e todas teñen o seu valor, ben pola súa orixinalidade, pola dificultade da súa elaboración ou polo traballiño que levou o seu autor/a.

A ver se recoñecedes aos nosos "enmascarados" amigos!