Mostrando entradas con la etiqueta primeiras escrituras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta primeiras escrituras. Mostrar todas las entradas

9 oct 2015

Prensa, prensa!



Pois sí! A partires de agora todos os venres convertirémonos en reporteiros e reporteiras de prensa, e adicarémonos a comentar e traballar sobre algunha das noticias do día.

Ao comenzar as clases a profe Laura terá xa unha noticia seleccionada e preparada para todos nós. O que faremos será falar acerca dela, e, de paso, familiarizarnos con algúns conceptos relacionados co mundo da prensa. Titulares, pés de foto, tipos de noticias, ... pouco a pouco, de venres en venres, iremos comentando a actualidade e, como non!,  practicando a escritura. 

A noticia de hoxe falaba acerca dun niño de avespas asiáticas; preguntade aos vosos fillos, a ver que vos contan. A tarefa de hoxe consistía en pensar e escribir un titular adecuado. Fixéronno todos fenomenal!!!

6 oct 2015

Cartas que veñen e van


Hoxe tivo lugar o primeiro reparto de correspondencia do curso. Houbo que esperar a que todos tiveran carta, e por fin abrimos o buzón.
Para ser a primeira remesa non estivo mal, tendo en conta que se trata dunha actividade totalmente libre; xa temos claro que hai que escribir para quen é a carta, e tamén firmala por dentro, para que o seu destinatario saiba quen llela envía. Desta vez algúns foron debuxos máis que cartas, así que para a próxima haberá tamén que escribir algunha mensaxe. O cartel para o control de envíos volve estar preparado, e como lles gustou a idea, pronto teremos o buzón novamente cheo de bonitas mensaxes aos amigos.


28 abr 2015

Hai correo!




Hoxe non faltou ninguén, así que por fin!!! estabamos todos e
por fin!!! puidemos abrir o buzón de correos e realizar o reparto.

Con moitos nervios fomos recibindo os envíos dos nosos amigos; todos recibimos carta, e todas elas  estaban cheas de bonitas mensaxes de cariño e amizade. 



Con moita ilusión gardamos os nosos "tesouros", e quedamos con ganas de repetir a experiencia, así que seguro que pronto teremos o buzón novamente cheo e haberá novas cartas para repartir.






17 abr 2015

Cartas, cartas, cartas...




"Montado en su bicicleta,
un cartero jovial
llegó un buen día de lejos,
con sonrisa triunfal
y una carta para..."


Así comeza esta divertida historia; o carteiro fai as súas entregas aos habitantes do bosque, e sobre a sobre descobrimos cartas, publicidade, postais, comunicacións oficiais e tarxectas de cumpreanos.






Nós tamén queremos escribir cartas; temos un buzón de correos na clase, así que hoxe adicámonos a escribirlle unhas letras aos nosos compañeiros/as. Non é doado, e algúns necesitan axuda da profe, pero cun pequeno esforzo as cartas van enchendo o buzón. En canto estean todas abrirémolo,  e comezará o reparto.


5 feb 2014

Primeiras escrituras

Estamos xa no mes de febreiro, e son varios os meses que pasaron dende o comenzo do curso.Todos os días realizamos algunha actividade relacionada coa lectoescritura: compoñemos nomes, falamos das letras dalgunha palabra, traballamos co noso propio nome e cousiñas así. Pouco a pouco imos coñecendo as letras e a funcionalidade dos textos escritos, e comezamos xa a refrexar os nosos progresos nas actividades diarias.


Fixádevos na escritura que acompaña a este debuxo:

-Pili, ya acabé el dibujo.
-Qué chulo! ¿quién es?
-Soy yo.
- Pues hale!, vete a ponerlo. Escribe  "soy yo", a ver qué letras necesitas.

Velahí o resultado: OI O

Se queredes saber un pouquiño máis acerca do proceso do aprendizaxe da lectoescritura, mirade na nova pestana e atoparedes un resumo do mesmo.