Mostrando entradas con la etiqueta sementamos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sementamos. Mostrar todas las entradas

25 mar 2015

Chegou a Primavera!!!






Hai algún tempo, aló polo mes de novembro, adicamos unha sesión a sementar. 





Coa axuda da profe Belén botamos a terra e enterramos sementes de laranxa, mazá, mandarina e camelia. Regamos un pouquiño e deixamos estar a nosa plantación preto da ventá, onda o radiador.







Hai uns días, pouco antes da chegada da primavera, asomaron os primeiros brotes, e agora temos unhas seis ou sete prantiñas medrando. Gústanos ver como crecen, cada día un pouquiño mais altas e con follas cada vez mais grandes e numerosas.

13 feb 2014





A comenzos do pasado mes de decembro sementamos castañas dentro dos vasiños de iogur que trouxemos da casa. Un par de meses despois comenzan a aparecer os primeiros castiñeiros. Polo de agora asomaron tres, e poida que non broten moitos máis con tanta humidade como temos últimamente.




Gústanos ir miralos pola mañá cedo, ao chegar a clase. Sorprendémonos a cotío do moito que medran dun día para outro.