Os nenos/as comenzan a construir o seu propio sistema de lectura e escritura xa antes de iniciar o ensino escolar.
As “ETAPAS” polas que pasan nesta adquisición do proceso lecto-escritor son, resumidamente, as seguintes:
- ETAPA INDIFERENCIADA: Todavía non descobriron que non é o mesmo escribir que debuxar
- ETAPA DIFERENCIADA: Establécese a diferencia entre escribir e debuxar.
. Primeiras escrituras: Os primeiros intentos infantís de escritura producen uns signos que non son debuxos, pero tampouco son
letras convencionais ainda que ás veces se lles parezan.
. Diferenciación entre letras e números: Os nenos/as decátanse de que hai dúas clases de signos gráficos (letras e números),
e os usarán indistintamente para escribir, así que a partir de agora xa son quen de escribir calquera cousa (sempre tendo
en conta que o fan según o seu propio criterio, e non empregando a escritura que todos nós coñecemos como convencional).
Ao longo desta etapa os nenos/as elaboran diferentes hipóteses acerca da escritura:
- Hipótese de cantidade: Crén que a cantidade de letras que ten unha palabra vai en función do tamaño ou da importancia
do obxecto do que están a escribir.
Ex. Para escribir “OSO” pensan que fan falta máis letras que para escribir “CARACOL”.
- Hipótese de variedade: Ainda que somentes son capaces de escribir un pequeno número de letras ou signos (xeralmente
as do seu propio nome), decátanse de que as palabras non se escriben todas igual, e por iso varían a orde desas poucas letras
que coñecen có fin de escribir cousas diferentes.
Ex. Unha nena chamada LORENA podería escribir así unha lista de animais: ARELON
NORELA
NAO
LARO
LAEO
Antes ou despois os nenos/as van descobrindo que cada letra representa un sonido, polo que escribirán cada sílaba
cunha letra ou grafía. Poderán pór círculos, paus, letras ou outros signos, pero xamais se equivocan en pór tantos signos
como sílabas ten a palabra. Polo xeral a estas alturas xa coñecen moitas letras, e probablemente elixan as vogais para escribir así:
EEAE = ELEFANTE
IE = TIGRE
Pero, cadaquén ao seu ritmo, descobren que a escritura non pode funcionar deste modo porque:
- Escribimos os monosílabos cunha soa letra? Ex. SOL = O
- Hai palabras con tódalas letras iguais? Ex. CALAMAR = AAA
- Escríbense igual palabras que son diferentes? EX. ESCOLA = EOA
CEBOLA = EOA
A solución atoparanna no emprego das consoantes, que comenzarán a utilizar pouco a pouco escribindo, por exemplo ODAD = ORDENADOR
RNCRT = RINOCERONTE
Cando descobren que unha sílaba pódese escribir con vogal ou con consoante os nenos/as deciden escribir as dúas.
Transcurre entón un período no que se combinan escrituras silábicas con outras alfabéticas.
Pouco a pouco chegan a utilizar o alfabeto completo. Comenzan agora a xurdir os problemas propios da ortografía :
maiúscula ou minúscula?, B ou V?, xunto ou separado?, ...
Agora sí que xa podemos dicir que o neno/a é quen de escribir cáseque correctamente calquera cousa que se propoña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario