25 mar 2015

Chegou a Primavera!!!






Hai algún tempo, aló polo mes de novembro, adicamos unha sesión a sementar. 





Coa axuda da profe Belén botamos a terra e enterramos sementes de laranxa, mazá, mandarina e camelia. Regamos un pouquiño e deixamos estar a nosa plantación preto da ventá, onda o radiador.







Hai uns días, pouco antes da chegada da primavera, asomaron os primeiros brotes, e agora temos unhas seis ou sete prantiñas medrando. Gústanos ver como crecen, cada día un pouquiño mais altas e con follas cada vez mais grandes e numerosas.

No hay comentarios: