18 mar 2015

Día da árbore

Hoxe celebramos o día da árbore. Son moitas as variedades de árbores que temos no cole, pero non sabemos moi ben a que especie pertence cada unha, así que entre todo o alumnado colaboramos para poñerlles o nome a algunhas delas. Aos nenos/as de catro anos tocounos a moreira; temos dúas onda a baixada ao patio de Infantil, así que  logo do recreo xuntámonos todos ao seu carón, e foron os encargados do día das dúas aulas os responsables de cravar o cartel debaixo das mesmas. 



De seguido marchamos todos xuntos a dar unha volta polo recinto escolar en busca doutras árbores. Gracias aos rótulos colocados polo resto dos compañeiros puidemos descobrir o teixo, o tulipanero, o salgueiro, a robinia, o carballo, a figueira e o piñeiro; ah!, e a mimosa!, pero a esta coñecémola ben porque a vemos dende a ventana da nosa clase todos os días. 

2 comentarios:

Ana dijo...

Alvaro me contó que los gusanos de seda vendrían en primavera a comer las hojas de la moreira porque sólo comen eso,ahora todos los días que se acuerda tenemos que mirar para ver si ya han llegado.

Colorines dijo...

Nosotros no los tendremos en clase, pero comentó la profe Loida que en cuanto brotan las primeras hojas de moreira, eclosionan los primeros huevos de gusano de seda. Estaremos atentos ;)