Hoxe tocou un paseo polos corredores da escola. Cabazas, portas monstrosas, esqueletes, pantasmas e morcegos, teas de araña..., atopamos de todo, e para rematar, houbo que adentrarse na biblio, atravesando para elo a porta terrorífica!!!. Hai quen tivo que pasar subido no colo das profes, pero todos conseguimos cruzar.![]() |
| Buscádeo na pestana de "Contos" |
Do outro lado agardábanos un divertido conto que Bulebule (a nosa mascota da biblio) tiña reservado para nós. Gustounos moito, e marchamos da biblio mortos de risa pasando novamente pola porta, agora menos terrorífica que antes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario