Onte, cando estabamos no cole, sarabiou tanto que todo quedou branco coma se nevase.
Ía frío, pero saímos un momentiño, por turnos e moi rápido, para pisar na sarabia que quedou acumulada no chan. Catro pasiños con coidado de non esvarar... e para adentro correndo!

Hoxe, falando na asamblea, decidimos probar de novo, esta vez descalzos e con sarabia de mentira; e xa postos tamén imaxinamos neve...
Un pé pisou sobre a neve de mentira, e o outro fixo o seu sobre a sarabia de garavanzos, e cando todos pasamos a proba refrexionamos un pouco acerca do que sentimos nos pés e cal foi a pisada que máis nos gustou. A uns gustoulles máis a da neve, que era brandiña, pero outros preferiron a sarabia, porque facía cóxegas no pé. O máis importante...cada un fixo a súa elección e deunos o porqué da mesma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario