20 mar 2014

Así como cho conto!


Hai xa varias semanas que estamos a recibir a visita dos nenos e nenas maiores da clase da profe Julia. Veñen todos os xoves, no tempo da "hora de ler", para lernos un conto de cada vez. 


Esta actividade forma parte do proxecto "así como cho conto", organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro, e que consiste en que o alumnado do segundo e terceiro ciclo de primaria se achegue ás aulas dos máis novos (infantil e primeiro ciclo) para contarlles contos. 

Gústanos moito recibir estas visitas; as historias que nos len son moi divertidas, e sempre as escoitamos con moita atención. Ademáis, os maiores o fan requetebén!


No hay comentarios: