11 mar 2014
Semana da prensa
Estamos na Semana da Prensa, así que hoxe adicamos unha primeira sesión á prensa escrita. Logo de falar acerca de que cousas podemos atopar nun xornal, e logo de sentilo co tacto, o oído e o olfato, curioseamos un pouco entre as súas follas por ver que atopabamos nelas. Había letras e números, e fotos... e debuxos... e mapas do tempo... e moitas cousas. Para rematar, e cun pouco de imaxinación, usamos a nosa folla de periódico a modo de xoguete (en pouco tempo pasou de ser un paraugas a converterse nun abanico e nun catalexo), e por último probamos a pintar sobre ela coas ceras brandas. E sabedes qué descobrimos? pois que a cera branca sí que pinta sobre a folla do xornal!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario