23 oct 2014
Bits de intelixencia
Todos os días, á volta do recreo, vemos os bits de intelixencia ("os bits").
Trátase de series de imaxes (oito ou dez) pertencentes todas elas a un mesmo campo semántico, e con esta actividade pretendemos estimular tanto a linguaxe como as capacidades de observación, escoita e atención.
Normalmente vemos tres bloques deles; cada semana collemos un bloque novo e deixamos de pasar o máis antigo, así que todos os luns temos bits novos.
Polo xeral, o primeiro día do pase parámonos a falar de cada unha das imaxes, comentando algo sobre elas e sobre a categoría á que pertencen (aves, planetas, razas de can, ...). Logo comenza o pase: a profe ensina durante un par de segundos cada un dos bits ao tempo que dí o seu nome, e todos repiten o nome antes de que apareza outro.
Nas dúas semanas seguintes serán os nenos/as quenes dirán o nome antes de que o diga a profe, e así prestamos máis atención, xa que a todos nos gusta acertar á primeira.
Tratamos de que os bloques sexan de dificultade variada; non é o mesmo identificar e recordar nomes de científicos que de instrumentos musicais, aínda que cada vez poñerémolo máis difícil.
No seguinte documento poderedes atopar un pouquiño máis de información:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario