Cada mañá, antes de comenzar a nosa asamblea, adicamos un tempo a saudarnos todos individualmente. Por orden de lista a profe nomea a cada un de nós e cadaquén da os bos días na lingua na que máis lle apetece de entre todas as que coñecemos.
Como sabemos saudarnos de tantas formas diferentes temos moitas opcións entre as que escoller. Últimamente lévase o saúdo chinés, pero hai para todos os gustos:
¡Hola! Bo día!
Bos días! Hello!
你好 (Nǐ hǎo)
Good morning! Ola! ¡Buenos días!
2 comentarios:
Bos días!!! Qué boa idea!!! Xa son multilingües!!! Aproveito para saudar a todo-los nen@s, profes e familias este ano por primeira vez. Menuda diferencia dende o ano pasado...están tan maiores...Grazas por manternos informados e ánimo!!!
Grazas a tí, Marta, por estar ahí. Xa vos dicen que están moi cambiados; medran máis rápido do que parece :)
Publicar un comentario