Rematamos a semana do Samaín, e coma sempre, despedímola cunhas imaxes das nosas cabazas. Agradecemos moitísimo a vosa participación, sen a cal esta celebración perdería moito encanto.
O xurado do concurso de cabazas non o tivo nada fácil; saberemos das súas decisións o vindeiro venres, día no que celebraremos o Magosto. Ata entón, haberá que esperar para coñecer aos afortunados gañadores. Pode ser calquera, xa que todas as cabazas merecerían ser as premiadas. Sorte a todos!!!
1 comentario:
Qué ilusión lles fai....a verdade é que teñen moito mérito porque consiguen que a nos tamén nos faga ilusión...xa o esquenceramos...jeje
Publicar un comentario