5 oct 2014

Un bicho!!!

Eso é o que gritaban todos cando baixamos ao patio. Un bicho enorme subía por unha das paredes do patio. Cando nos achegamos a velo descobrimos con sorpresa que se trataba dunha preciosa Mantis, que ante tanto alboroto optou por quedar onde estaba, sen moverse, a ver se así pasaba desapercibida.


Tan queda ficou que tivemos tempo dabondo para observala con calma, e así puidemos contar as súas seis patas, ver os seus grandes ollos e incluso comprobar que ten un par de antenas na cabeza.
Xa de volta na clase buscamos en internet imaxes deste insecto tan curioso e tan malvado ao mesmo tempo xa que averiguamos que a femia gusta de comer a cabeza dos machos de cando en vez. Abraiante...


No hay comentarios: