11 nov 2014

Música Clásica





Unha actividade que nos gusta moito son as audicións de música clásica. Logo do saúdo é o turno do encargado/a, e despois, aproveitando que todavía non clareou moito o día, escoitamos (en silencio e coas luces apagadas) unha peza de música. É un tempo para aprender a escoitar e para desfrutar coa música. Cando é unha peza nova falamos un pouquiño acerca dela e do que quixo expresar o seu autor, e logo, ao escoitala, deixámonos levar pola música.







Unha pista... nos falta o Sr. Bach


Cáseque sempre o encargado/a ten o privilexio de poder escoller qué peza musical imos escoitar ese día. No noso taboleiro de persoeiros podedes atopar tres dos catro compositores dos que xa falamos ao longo deste curso. Lembrades quen son? Preguntade aos vosos fillos/as...





2 comentarios:

Marta de Aroa dijo...

Encántame esta actividade!! Resulta que Aroa cañece aos autores e eu non...en fin!! Aproveitamos para aprender tamén os pais.

Colorines dijo...

A profe tamén aprende con eles, asegúrovolo ;)