21 ene 2015

Na Casa das Ciencias



 Que ben o pasamos na Casa das Ciencias!






O primeiro que fixemos foi subir ao Planetario, onde coñecimos a Fugaz, unha esteliña que nos falou das cores da Natureza, dos planetas, das estrelas e das constelacións.








Logo baixamos polas distintas prantas do museo, e alí miramos, tocamos, xogamos e probamos todos os botóns, palancas e poleas que atopamos. 











Había tantos módulos nos que xogar que non nos deu tempo a desfrutar de todo, pero aproveitamos o máis que puidemos. 











Antes de marchar pasamos onda a incubadora , e ali vimos algúns pitiños e os seus cascaróns. 





Ata outra, pitiños! Sodes moi bonitos!

No hay comentarios: