Este ano o noso Entroido tivo un marcado aire olímpico, e é que dende a biblioteca Bulebule lémbranos deseguido que o 2016 é ano olímpico.
No pasarrúas déronse citas diversas modalidades deportivas, entre elas a natación, a cargo dos nenos e nenas das aulas de cinco anos. Foi un divertido final para unha semana de troula na que os peques reviviron a moda dos anos oitenta e convertíronse tamén nos protagonistas das súas pelis favoritas.
Xunto coa degustación de productos típicos do Entroido, e como xa ven sendo habitual por estas datas, tivo lugar a entrega de premios do concurso de carautas. Este ano o gañador da nosa clase foi Gabi L. que participou cunha enooorme carauta na que moito tivo que colorear.
Noraboa, Gabi!!! e grazas ao resto dos concursantes pola vosa participación; fixestes uns traballos moi bonitos e orixinais.
E, por suposto, grazas unha vez máis ás mamás que colaboraron no desfile; grazas pola vosa axuda e pola vosa paciencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario