O 23 de abril conmemórase o día do libro.No cole foron varias as actividades realizadas con motivo desta data.
O mércores tivemos sesión de contacontos; Iago veu contarnos unha historia moi divertida que fala dun lobito bó e do seu tío, que lle quere aprender a ser un Lobo Feroz. Gustounos moitísimo!
O xoves recibimos un premio pola nosa participación no concurso literario que todos os anos convoca o Equipo de Normalización e Dinamización Linguística do centro. Este ano puxemos imaxe e son a un poema de Manuel María titulado "A pita choca". Repartimos o traballo entre todas as aulas de Infantil e iste foi o resultado. Damos as grazas á profe Loida pola realización da montaxe. Seguro que vos gusta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario