30 ene 2016
11 ene 2016
Países
Por fin imos traballar no noso mapamundi! Leva con nós dende o comezo do curso, pero ata o de agora non lle fixeramos moito caso; simplemente estaba ahí, e de cando en vez nos servía para situar algún país.
Hoxe falamos sobre os continentes; os grandes continentes que acollen a todos os países do mundo. A partires de agora, cada semana falaremos un pouquiño dun país diferente. Elexiremos aqueles que nos chamen máis a atención por algún motivo en particular (é o país dos nosos pais, é onde vive parte da familia, é un país ao que viaxamos, coñecémolo por algunha noticia ou por algún deporte ou algunha película, ...) e quen teña información sobre o país elexido poderá contárnola a todos os demais. Para comezar a viaxe hoxe partimos de España; onde iremos a vindeira semana???
7 ene 2016
2016
Comeza un novo ano, e aquí estamos de volta con novos proxectos; o 2016 é ano olímpico, evento do que falaremos máis dunha vez durante o que nos queda de curso.
Hoxe foi día de reencontro; había moitas cousas das que falar, así que tomámolo con calma e puxémonos ao día. Quedara prometido que á volta do Nadal habería cambio de sitio e así fixemos. Como somos xa moi maiores e responsables cadaquén sentou onde máis lle apetecía tendo en conta dúas premisas que hai que cumplir:
- o sitio escollido é para traballar, así que non vale xuntarse con amigos para falar nos momentos de traballo,
- o sitio escollido é para traballar, non para discutir cos compañeiros de mesa. Non vale crear conflictos.
Temos uns días de proba antes de dar por válidos os novos equipos. A ver qué pasa ;)
18 dic 2015
Chega o Nadal
Como dicía algunha nena hoxe na clase "por fin chegou este día!". E é que o día foi moi especial. A media mañá fomos visitar aos RRMM, que pasaron a xornada no noso cole; démoslles os nosos debuxos e a cambio recibimos unha presa de caramelos e moita, moita ilusión. Ademáis, houbo sorpresa ás escuras, festa de Nadal e moito tempo de xogo. Aínda así, marchamos tan nerviosos como entramos, pensando en que se achegan días de festa, regalos e sorpresas.
Para todos vós, os nosos mellores desexos para o Nadal
25 nov 2015
De oficio... panadeiros!
![]() |
| Fotografía tomada da páxina web da Panificadora Pedro Fernández, Carral |
Que ben o pasamos hoxe na panadería!
Traballamos moito, e divertímonos un montón.
Nada máis chegar cambiamos os abrigos por mandís e gorros de panadeiros, e enseguida nos puxemos mans á obra: primeiro a fariña, logo a masa de pan para facer boliños, e por último chocolate para decorar o noso pan.
Unha vez feitos os bolos houbo que metelos no forno, e namentras o pan se cocía nós merendamos... pan con chocolate!!! Riquísimo!
Pasamos unha mañá moi entretida; estamos certos de que o pan estaba boísimo, e agradecemos a todo o persoal da panificadora Pedro Fernández de Carral a atención que nos adicaron. Moitísimas grazas por compartir con nós o voso tempo e o voso oficio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



