17 jun. 2016

Graduámonos!!!



Pois sí... logo de moitos preparativos, ensaios e nervos, por fin chegou o gran día!

Para nós foi un día especial; pasámolo moi ben, e esperamos que vós tamén desfrutarades desta xornada de celebración.

Pola miña parte, unha aperta enorme para todos: pais e nais, irmáns, tíos, padriños, avós e avoas... foi un pracer compartir con todos vós estes tres anos da vida dos vosos fillos e fillas. Agradezo a vosa colaboración e participación en todas e cada unha das actividades propostas, así como a confianza posta no equipo docente do que formo parte. 


En canto a este blog, quedará na web como un pequeno recordo das nosas vivencias no cole. Confío en que acadara o seu obxectivo, que sempre foi o de mantervos informados acerca do que andabamos a argallar na aula. 


Para "os meus nenos e nenas", un bico enorme
Seguirémonos vendo polo cole. 





2 comentarios:

Fátima Casal dijo...

Grazas a ti por todo, por todos eses bits cos que tanto xogaron e aprenderos e por tanta paciencia e agarimo con eles. Hoxe Xaquim díxome: Oxalá Pili fose a miña profe ata o instituto. Pois xa esta, creo que está todo dito.

Moitos bicos e feliz verán

Colorines dijo...

Hoxe estabamos todos con algo de pena, pero pasar a Primaria tamén fai moita ilusión. Comezan unha nova etapa e os cambios crean incertidume. Pronto estarán afeitos e faralles graza lembrar o pequenos que eran cando estaban en Infantil.
Grazas de novo, e bo verán!