11 oct 2013

Mimos e os seus amigos

A pasada semana a nosa mascota Mimos vos propuso facer novas mascota-luvas para seren as súas amigas. A Elena gustoulle a idea, e o luns trouxo a estes simpáticos amiguiños (o avó e maila avoa), que quedaron con nós na clase para facernos compaña durante uns días. A que son orixinais?

Gústannos moito os teus avoíños, Elena!

5 comentarios:

Unknown dijo...

Pois si. A verdade é que che son ben bonitos.

Colorines dijo...

Ola Fátima! Eres a primeira "comentarista" que se anima a intervir neste espazo que acabamos de inaugurar, así que... moitas grazas, e benvida! Gústanos moito recibir os vosos comentarios e saber que estades ahí ;)

Marta de Aroa dijo...

Ola!! Qué traballadores son estes nenos...e teñen cara de pasalo ben.Ánimo a profes e peques para estes tres anos.

Colorines dijo...

Que ben, isto vaise animando! Benvida Marta, e grazas polo teu comentario. Habémolo pasar moi ben, esa é a idea. Nestes días toca pasar medo polo Samaín... pero como dicimos nós, medo para pasalo ben e divertirnos. Un bico.

Unknown dijo...

Grazas a vós por manter este blog. Eu xa estou enganchada a el! Encántame ver as fotos dos cativos. Bicos e animádevos a participar!!!