7 nov 2013

Sr. Potatoe

Hoxe iniciamos unha nova actividade: "El reto de la semana".


 Cada semana (ou cada dúas, depende) haberemos superar un "reto", unha proba sorpresa que pode ser algo difícil, pero que debemos intentar. Haberá todo tipo de propostas: de lecto, de lóxica, de habilidade, ... o importante é facelo individualmente, e poñendo moita atención.

Para comezar, xogaremos co Sr. Potatoe. Hai que lle poñer a cara que máis nos guste e logo ser quen de debuxala na plantilla, prestando atención ás cores e ao lugar en que está situada cada peza. Unha vez rematado, copiaremos as letras do noso nome, o cal non é nada doado.





Aquí tendes un par de "retos superados". Que vos parece?

2 comentarios:

Marta de Aroa dijo...

Paréceme mooooi difícil, pero como temos uns nenos moi listos seguro que acadan o reto...con máis ou menos dificultade...ánimo rapaces !!!

Colorines dijo...

Non é doado, non; de feito, este reto vainos levar máis tempo do previsto, entre outras cousas porque leva moito tempo decidir qué pezas poñer, e probámolas todas unha e outra vez, e como sr. Potatoe non temos máis ca un... pois toca esperar turno! :)