29 nov 2013

"La mariquita Juanita"




Temos unha nova amiga, chámase Juanita, e é unha xoaniña moi especial que quedou en vir de cando en vez para falar con nós e contarnos as súas experiencias polo mundo adiante.
Ao longo destes tres cursos Juanita axudaranos a desenrolar o noso pensamento creativo. Con ela "xogaremos a pensar" traballando as chamadas "habilidades de pensamento" a través dos xogos, os contos, a arte e o diálogo. Se queredes saber máis acerca deste proxecto, entrade na pestana "Xogar a pensar" onde atoparedes información relacionada co mesmo.

No hay comentarios: