Hoxe, por fin!, recibimos a visita da Dragona Ramona. Tiñamos un pouco de medo porque non sabiamos como era, pero ao vela na biblio xa quedamos tranquilos, non é tan terrible como pensabamos.
A Dragona Ramona contounos a historia de Rosa Caramelo, e animounos a ir de cando en vez á biblioteca de Culleredo para escoitar outras moitas historias que ela coñece e que hoxe non tivo tempo de nos contar.
Ata pronto, Dragona Ramona!
No hay comentarios:
Publicar un comentario