18 feb 2014

O Acuario


Que ben o pasamos no acuario, e que ben nos portamos!!!
Mirade que contentos iamos cara ó bus.


Ao chegar á casa dos peixes, Carmen, a profe do acuario, díxonos que si falabamos baixiño os peixes non escaparían, e iso foi o que fixemos... andar a modo e sen facer ruído, e así puidemos ver: 

os peixes

os polbos


as medusas

as estrelas de mar

e mesmo a Gastón, o tiburón.

Logo saímos fóra a ver as focas


e xa tivemos que ir para o bus porque era hora de voltar ao cole.

Pasámolo moi ben e fixemos moitas cousas emocionantes: entramos na cova escura do rape, tocamos a estreliña de mar, sentimos o son das baleas, baixamos ao submarino do Capitán Nemo, vimos a Gastón e relaxámonos có espectáculo audio-visual das augamares.

Temos que volver!!!


2 comentarios:

ANA dijo...

Creo que si que se lo pasaron genial pero me gustaria saber que especie vio mi peque porque cuando llegó me dijo que habia visto"PECES CON CELEBRO" me pregunto que será lo que quiere decir?

Colorines dijo...

Pues ahora mismo no caigo, pero ya investigaré, a ver a cuáles se refiere :) Me quedo con la curiosidad.