![]() |
"A noite é necesaria pra que tí poidas ver sobre o medo e o mal as estrelas arder"
Xosé María Díaz Castro.
|
19 may 2014
Semana das letras Galegas
A pasada semana adicámola, entre outras cousas, a contarlle aos nosos peques que é iso das Letras Galegas. Como homenaxe a Xosé María Díaz Castro, escritor destacado este ano, realizamos un gran mural no que tiveron cabida todos os nenos/as de tres anos e as estreliñas que, grazas a vós, trouxéronnos á clase fermosas palabras galegas.
E para rematar a semana, o venres foi o día dos xogos populares: "o pano por detrás", "carreiras de relevos", "tiro de aros", "os bolos e a rá", "pase misí", "un, dous, tres escondite inglés" e "bailes populares" foron as actividades nas que participamos nesta divertida xornada. Confiamos en poder repetir para o vindeiro curso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario