3 jun 2014


Rematamos o mes de maio cunha semana moi intensa, tanto que chegamos ao día de hoxe sen ter comentado nada do que aconteceu nos últimos días.


O luns, a visita á casa do queixo foi todo un éxito; non choveu durante a nosa estancia na granxa, e puidemos aproveitar moi ben o día. Pola mañán traballamos moito facendo pan e queixo, e aprendendo moitas cousas sobre os animais que alí había, e pola tarde, logo de comer, fomos dar un paseo ata o muíño encantado. Á volta estabamos tan cansos que cáseque todos quedamos durmidos na viaxe  no bus.

O mércores tivemos ocasión de desfrutar dunha fantástica exhibición de buxaina acrobática no cole; quedamos abraiados vendo os trucos e acrobacias tan difíciles que se poden chegar a facer con este xoguete.

E o xoves recibimos unha gran sorpresa; xa está con nós Valeria, por quen estabamos agardando dende o comenzo do curso. Por fin estamos todos; agora somos vinteséis, non o esquezades!

Benvida Valeria, tiñamos moitas ganas de coñecerte!

2 comentarios:

ANA dijo...

"Houston tenemos un problema" cada vez que vemos un autobus aparcado en el cole Alvaro quiere subirse porque piensa que vais a llevarlo de excursión otra vez,parece que lo pasó bien,sobre todo haciendo el queso y el pan.
Y en cuanto a Valeria-por cierto Bienvenida-necesitamos saber su estado civil porque está entusiasmado con ella,no habla de otra cosa desde que llegó.

Colorines dijo...

En la excursión lo pasaron muy bien. Al ser de día completo vuelven muy cansados, pero siempre con ganas de repetir. En cuanto a Valeria... es la novedad; con Ángel nos pasó lo mismo. Y como todos son unos niños muy sociables, la acogida que le dieron a ambos fué genial. Tendremos que crear un apartado de prensa rosa??? ;)